Gerardo Blázquez Magno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() O Porriño, España ![]() |
Morte | 1970 ![]() O Porriño, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, político ![]() |
![]() |
Gerardo Blázquez Magno, nado no Porriño en 1907 e finado no mesmo concello cara a 1970, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En xullo de 1927 foi detido polo roubo dunha máquina fotográfica.[1] Home de ideas progresistas afeccionado a lectura e o coñecemento autodidacta. Militante do Partido Comunista de España. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Foi funcionario do Ministerio de Obras Públicas e estivo afilado á UGT.[2] Coa derrota republicana foi detido e xulgado en Madrid. Condenado a prisión, cumpriu condena nos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares, de onde saíu en liberdade condicional en xullo de 1943.[3] Sufriu unha forte represión por parte dos fascistas durante case toda a vida. Traballou como vixiante na mina Carmen de Varilongo (Santa Comba) cara 1945.[4] Volveu ser detido na Prisión do Partido de Vigo de onde saíu en liberdade condicional en xullo de 1949.[5]
Traballou anos como practicante no Porriño. Iniciouse na fotografía como afeccionado e aprendeu a técnica a través de manuais e publicacións da época. A principios dos anos cincuenta creou o estudio Foto Magno coa súa filla Dolores Blázquez Burgos. Dolores realizaba as fotografías e Gerardo ocupábase dos labores de revelado e positivado.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 13-7-1927, p. 11.
- ↑ Ficha de Gerardo Blazquez Magno
- ↑ BOE, 12-8-1943, p. 7878.
- ↑ El Compostelano, 23-1-1945, p. 2.
- ↑ BOE, 9-9-1949, p. 3902-3903.
- ↑ "Foto Magno". Arquivo da Imaxe do Porriño.