Geotrichum candidum
Geotrichum candidum | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Geotrichum candidum Johann Heinrich Friedrich Link, 1809 |
Geotrichum candidum é un fungo ascomiceto. É un organismo común do chan e foi illado de mostras de todos os continentes.
Presenza no corpo humano
[editar | editar a fonte]O geotrichum candidum está presente no microbioma humano, especialmente asociado á pel, mucosas e feces (comunmente chamados flora da pel, flora oral e flora intestinal, mesmo non sendo organismos vexetais).
Acción como patóxeno
[editar | editar a fonte]G. candidum é o axente causante da enfermidade humana geotrichosis e da enfermidade da pudrición aceda en plantas como cítricos, tomates ou cenouras. Tamén pode afectar os froitos do durio.[1]
G. candidum é amplamente utilizado na produción de produtos lácteos como os queixos Camembert, Santo-Nectaire ou Reblochon. O fungo tamén se pode atopar no iogur nórdico chamado viili, sendo responsable da súa textura.
Acción sobre termoplásticos
[editar | editar a fonte]Nun estudo do 2001 atopouse que G. candidum era capaz de consumir o policarbonato atopado en CD.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sivapalan, A.; Metussin, Rosidah; Harndan, Fuziah; Zain, Rokiah Mohd (decembro de 1998). "Fungi associated with postharvest fruit rots of Durio graveolens and D. kutejensis in Brunei Darussalam" (PDF) (en inglés) 27 (4). Netherlands: Springer: 274–277. ISSN 1448-6032. OCLC 204773204. doi:10.1071/AP98033. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ Bosch, Xavier (27 de xuño de 2001). "Fungus eats CD". doi:10.1038/news010628-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geotrichum candidum |