Georgina Oliva i Peña
Georgina Oliva i Peña | |
---|---|
Nome completo | Georgina Oliva i Peña |
Nacemento | 19 de novembro de 1980 |
Barcelona | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | política e socióloga |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Georgina Oliva i Pena, nada en Barcelona o 19 de novembro do 1980, é unha socióloga e política catalá.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Socioloxía pola Universidade de Barcelona. Ten estudos do segundo ciclo de Ciencias Políticas e da Administración na mesma universidade. Foi responsable da secretaría técnica da Fundación Josep Irla e asesora do Instituto Catalán das Mulleres en plans locais de políticas de mulleres. É técnica de Infancia e de mulleres do Consorcio de Servizos Sociais de Barcelona. A nivel político foi militante das JERC onde foi secretaria de formación (2001-2003) e de organización e finanzas (2003-2005) e é membro de Esquerra Republicana de Catalunya onde se ocupou da secretaría das mulleres e da de formación. Do 2006 ao 2008 foi deputada no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) en substitución de Joan Puigcercós. Está afiliada no Intersindical-CSC e asociada a Dones.cat.[1][1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Congreso dos Deputados (ed.). "Georgina Oliva". Consultado o 29 de marzo de 2016.
- ↑ Consorci de Serveis Socials de Barcelona (ed.). "Intervenció amb infants i adolescents en situacions de violència masclista des del sistema públic de serveis socials de la ciutat de Barcelona" (PDF). Consultado o 29 de marzo de 2016.