Saltar ao contido

George Henslow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Henslow

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1835 Editar o valor en Wikidata
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 1925 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Bournemouth, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor en Wikidata
EducaciónChrist's College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánico, ministro anglicano Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaG.Hensl. Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKatherine Forster Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Stevens Henslow Editar o valor en Wikidata  e Harriet Jenyns Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrances Hooker
Leonard Ramsay Henslow Editar o valor en Wikidata
ParentesMarian Ada Johnstone, fillastra Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Henslow-7

George Henslow (23 de marzo de 1835, Cambridge, Reino Unido – 30 de decembro de 1925, Bournemouth) foi un crego coadxutor anglicano, botánico e autor de libros.[1][2] Destacou por ser un defensor da evolución lamackista.[3]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro fillo do reverendo John Stevens Henslow, e foi educado na King Edward VI School, Bury St Edmunds e despois matriculouse o 30 de maio de 1854 no Christ's College, Cambridge, onde se graduou como B.A. (licenciado en humanidades) en 1858 e M.A. (máster) en 1861. Foi ordenado diácono da Igrexa de Inglaterra en 1859 e crego en 1861. En 1864 converteuse en Membro da Sociedade Linneana. Foi o director entre 1861 e 1864 da Hampton Lucy Grammar School e de 1865 a 1872 da Grammar School, da rúa Store, Londres. De 1868 a 1880 foi profesor de Botánica no St Bartholomew's Hospital e tamén no Birkbeck College e no Queen's College, Londres. Foi entre 1868 e 1870 coadxutor da St John's Wood Chapel e entre 1870 e 1887 coadxutor da igrexa de St James, Marylebone. Residiu en Ealing, onde foi no período 1882-1904 presidente da Sociedade de Historia Natural e Microscópica de Ealing, despois morou en Drayton House en Learnington e finalmente mudouse a Bournemouth.[1] O 26 de outuro de 1897 estaba entre os primeiros 60 gañadores da Medalla Vitoria de Honra outorgada pola Sociedade Real de Horticultura.

George tomou as ordes [sacerdotais] e converteuse en profesor honorario da Sociedade Real de Horticultura. Era un autor prolífico e orador en temas botánicos; as separatas das actuais publicacións entre 1871–1915 ocupan once volumes encadernados na Biblioteca Linneana, indexados da súa propia man, e intercalados con interesantes cartas manuscritas dos seus correspondentes. George Henslow cría na herdanza dos caracteres adquiridos en plantas, e combateu o traballo recentemente recoñecido de August Weismann.

Casou en Cambridge o 13 de outubro de 1859 con Ellen Weekley (c. 1836–1875) mais divorciouse dela o 8 de xullo de 1872. En St Pancras, Londres en 1872 casou con Georgina Brook Bailey (1843–1876), que morreu en 1876. En 1881 casou coa súa terceira muller, Katharine Yeo (c. 1845–1919), que era a viúva do reverendo Yeo de Ealing. A terceira muller de George Henslow tiña fillos do seu anterior matrimonio, pero non tivo máis fillos con Henslow. Henslow tivera cinco fillos do seu primeiro matrimonio, pero só un, George Stevens Henslow (1863–1924), sobreviviu á adultez. Henslow morreu o 30 de decembro de 1925 en Bournemouth.[5]

Nos seus últimos anos converteuse nun crente no espiritualismo.[6]

Evolución

[editar | editar a fonte]

Henslow foi un dos propoñentes da evolución teísta que sostiña que a "selección natural non exerce ningún papel na orixe das especies."[7] Promoveu a súa teoría lamarckista da evolución en plantas por adaptación directa, coñecida como "o Verdadeiro darwinismo".[8] Utilizaba este termo en oposición a neodarwinismo, que negaba a herdanza dos caracteres adquiridos.[9]

Publicacións seleccionadas

[editar | editar a fonte]

A abreviación como autor que se lle asigna nas citas de nomes botánicos é G.Hensl.[10]

  1. 1,0 1,1 "Henslow, George (HNSW854G)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
  2. "Henslow, Reverend George". Who's Who: 1151–1152. 1919. 
  3. Bowler, Peter J. (1989). Evolution: The History of an Idea. University of California Press. p. 260. ISBN 0-520-06386-4
  4. Barlow, Nora, ed. (1967). Darwin and Henslow:The Growth of an Idea. Letters. 1831–1860. Londres: Murray. p. 193. 
  5. The Rev. George Henslow, M.A., F.L.S. The British Medical Journal. Vol. 1, No 3394 (Jan. 16, 1926), p. 124
  6. Bowler, Peter J. (2001). Reconciling Science and Religion: The Debate in Early-Twentieth-Century Britain. University of Chicago Press. p. 38. ISBN 0-226-06858-7
  7. Moore, James R. (1979). The Post-Darwinian Controversies: A Study of the Protestant Struggle to Come to Terms with Darwin in Great Britain and America, 1870-1900. Cambridge University Press. p. 221. ISBN 0-521-28517-8
  8. Anonymous. (25 de marzo de 1909). The Heredity of Acquired Characters in Plants. Nature 80: 93.
  9. Moore, James. (1991). Deconstructing Darwinism: The Politics of Evolution in the 1860s. Journal of the History of Biology 24 (3): 353-408.
  10. International Plant Names Index. G.Hensl.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]