George Hadley
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de febreiro de 1685 Londres, Reino Unido |
| Morte | 28 de xuño de 1768 Flitton, Reino Unido (en) |
| Educación | Pembroke College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, físico, meteorólogo |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | John Hadley |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
George Hadley, nado en Londres o 12 de febreiro de 1685 e finado en Flitton o 28 de xuño de 1768, foi un avogado e meteorólogo inglés. Descubriu a célula de Hadley. Foi o irmán máis novo do matemático e inventor John Hadley. Asistiu á Universidade de Oxford, e máis tarde foi o responsábel das observacións meteorolóxicas da Royal Society de Londres. Unha das células de circulación atmosférica leva o seu nome: célula de Hadley.