George Burarrwanga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
George Burarrwanga
George Rrurrambu Seaman Dan 2002.jpg
Nacemento1957
 Elcho Island
Falecemento10 de xuño de 2007
NacionalidadeAustralia
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

George Rrurrambu Burarrwanga, nado en 1957 e finado o 10 de xuño de 2007,[1][2] tamén coñecido como George Rrurrambu e George Djilangya, foi un músico yolngu orixinario de illa Elcho na Terra de Arnhem. Foi unha icona da música rock aborixe, e é coñecido por ser o carismático líder do grupo Warumpi Band.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A carreira musical de Burarrwanga comezou en Australia Central a finais da década de 1970, cando formou Warumpi Band a carón de Sammy Butcher, Gordon Butcher e Neil Murray. En 1983, lanzaron o sinxelo "Jailanguru Pakarnu" (Fóra da cadea),[3] a primeira canción rock escrita nunha lingua aborixe australiana.[4]

Lanzou tres álbums co grupo, Big Name No Blanket (1985), Go Bush (1988) e Too Much Humbug (1996), no cal aparecen as cancións "Blackfella/Whitefella" e "My Island Home", sendo esta última a de máis sona pola versión interpretada por Christine Anu en 1995.[4]

Despois da separación de Warumpi Band, Burarrwanga comezou a súa carreira en solitario, facendo intepretación no Festival de Darwin, aparicións en televisión para Yeperenye Federation Festival en Alice Springs durante 2000. Lanzou un álbum de reggae, facendo xiras no Territorio do Norte e en Europa no ano 2002.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Former Warumpi Band frontman dies". ABC News. 10 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2007. Consultado o 18 de xullo de 2007. 
  2. "Father of Aboriginal rock remembered in traditional ceremony". ABC News. 11 de xuño de 2007. Consultado o 11 de xuño de 2007. [Ligazón morta]
  3. "Warumpi Band on australianscreen online". Consultado o 3 de marzo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 "Lead singer of Warumpi Band dies". Sydney Morning Herald. 11 de xuño de 2007. Consultado o 18 de xullo de 2007.