Neil Murray (músico australiano)
Neil Murray | |
---|---|
Nacemento | 1956 |
Lugar de nacemento | Ararat |
Nacionalidade | Australia |
Ocupación | músico, escritor, poeta e cantante |
Na rede | |
http://www.neilmurray.com.au | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Neil James Murray, nado en Ararat, Victoria en 1956, é un músico, cantautor e guitarrista australiano. Foi membro fundador do grupo musical Warumpi Band (1980–88, 1995–2000) que foi un dos primeiros grupos de rock coa maioría dos membros aborixes australianos e foi unha grande influencia no desenvolvemento do rock aborixe. Murray foi recoñecido como un dos cantautores principais da escena musical australiana nos APRA Awards de 1995, gañando o premio de Canción do Ano por "My Island Home" – interpretado pola ex membro da súa banda Christine Anu. Esta canción tamén apareceu entre o Top 30 APRA das mellores cancións australianas en 2001.
Murray tivo unha carreira en solitario en 1989 e lanzou oito álbums de estudio até o ano 2014. Murray fixo xiras e actuacións por toda Australia, a carón da súa propia banda, The Rainmakers, ou en solitario. Tamén fixo actuacións con Shane Howard (exmembro de Goanna), entre 2006 e 2007.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)