Gennaro Della Monica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Gennaro Della Monica
Nacemento 10 de outubro de 1836
  Téramo
Falecemento 17 de maio de 1917
  Téramo
Nacionalidade Reino de Italia
Ocupación pintor
editar datos en Wikidata ]

Gennaro Della Monica (Téramo, 10 de outubro de 1836 - 17 de maio de 1917) foi un pintor italiano.

Biografía[editar | editar a fonte]

Gennaro naceu en Téramo en 1836 onde seu pai Pasquale foi trasladado a ensinar debuxo no Real Colexio local, despois de ser expulsado de Nápoles como sospeitoso de Carbonería.

Só polo seu pai educouse na arte do deseño y a utilización das cores. Trasladouse a Nápoles en 1852, con dezasete anos, para estudar na Accademia di Belle Arti. Na capital coñecería a Michele Cammarano, Gabriele Smargiassi, os irmáns Filippo e Nicola Palizzi, de Vasto. Especialmente crítico foi o encontro con Domenico Morelli, expresamente mencionados por Gennaro nas súas memorias. Máis tarde trasladouse a Milán, onde fixo amizade con Gerolamo e Domenico Induno.

En 1863 foise a Florencia, onde estivo durante uns anos e coñeceu a Cabianca Vincenzo, Giovanni Fattori e Telemaco Signorini. Nesta cidade atopouse cun paisano, Giannina Milli.