Gennady Golovkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGennady Golovkin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Qarağandı Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCasaquistán Editar o valor em Wikidata
EducaciónKaraganda State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso72 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade6 de maio de 2006 Editar o valor em Wikidata -
Nacionalidade deportivaCasaquistán Editar o valor em Wikidata
DeporteFut (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivapeso médio (pt) Traducir
light middleweight (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AdestradorAbel Sanchez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004boxing at the 2004 Summer Olympics – middleweight (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
2002Jogos Asiáticos de 2002 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: gggboxing Twitter: GGGBoxing Instagram: gggboxing Editar o valor em Wikidata

Gennady Gennadyevich Golovkin (ruso: Геннадий Геннадьевич Головкинnado), nado en Qarağandı o 8 de abril de 1982, coñecido tamén cos alcumes  "GGG" ou "Triplo G", é un boxeador casaco, campión mundial de peso medio da WBA, WBC, IBF e mais do IBO. Dende xaneiro de 2018 a TBRB considérao o mellor peso medio do mundo en activo, mentres que para a revistaThe Ring mais para BoxRec é o segundo mellor. The Ring consíderao o mellor xogador libra para libra[1], aínda que é segundo para ESPN;[2] e cuarto por BoxRec[3] e  TBRB[4].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como afeccionado Golovkin gañou unha medalla de ouro na división de peso medio no Campionato do Mundo de 2003 e representou a Casaquistán nos Xogos Olímpicos de 2004 gañando unha medalla de prata.

Xa como profesional o seu primeiro gran campionato do mundo, logrou ao facerse co título interino da WBA dos medios ao derrotar a Milton Núñez en 2010. A WBA elevouno ao status de campión regular no mesmo ano, e en 2011 gañou o título IBO dos medios, que permanecía vacante, ao derrotar a Lajuan Simon. En 2014 Golovkin adquiriu o status de campión da WBA, e defendeu con éxito os seus títulos contra Daniel Geale. Pouco despois derrotou a Marco Antonio Rubio para engadir o título WBC interino dos medios á súa colección, e logo derrotou a David Lemieux en 2015 para gañar o título IBF dos medios. Despois de deixar Canelo Álvarez vacante o seu título WBC dos medios en 2016, Golovkin accedeu ao status de campión pleno, e dende entón, leva tres dos catro grandes títulos mundiais do boxeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ratings". The Ring, 31 de xaneiro de 2017
  2. "Pound-for-pound rankings: Vasiliy Lomachenko takes top spot from Gennady Golovkin". 
  3. "Ratings" Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. BoxRec BoxRec, 19 de marzo de 2017.
  4. "P4P" Arquivado 24 de xuño de 2013 en Archive.is . Transnational Boxing Rankings Board], 19 de marzo de 2017.