Gennady Golovkin
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1982 ![]() Qarağandı, Kazakhstán ![]() |
Educación | Universidade Estatal de Karaganda ![]() |
Altura | 178 cm ![]() |
Peso | 72 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | boxeador ![]() |
Período de actividade | 6 de maio de 2006 ![]() |
Nacionalidade deportiva | Kazakhstán ![]() |
Deporte | Lingua fut ![]() |
Disciplina deportiva | peso medio peso superwélter ![]() |
Adestrado por | Abel Sánchez ![]() |
Participou en | |
2004 | Boxeo nos Xogos Olímpicos de 2004 - peso medio (medalla de prata olímpica) |
2002 | Xogos Asiáticos de 2002 ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Gennady Gennadyevich Golovkin (ruso: Геннадий Геннадьевич Головкин), nado en Qarağandı o 8 de abril de 1982, coñecido tamén cos alcumes "GGG" ou "Triplo G", é un boxeador kazakh, campión mundial de peso medio da WBA, WBC, IBF e mais do IBO. Dende xaneiro de 2018 a TBRB considérao o mellor peso medio do mundo en activo, mentres que para a revistaThe Ring mais para BoxRec é o segundo mellor. The Ring consíderao o mellor xogador libra para libra[1], aínda que é segundo para ESPN;[2] e cuarto por BoxRec[3] e TBRB[4].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como afeccionado Golovkin gañou unha medalla de ouro na división de peso medio no Campionato do Mundo de 2003 e representou a Kazakhstán nos Xogos Olímpicos de 2004 gañando unha medalla de prata.
Xa como profesional o seu primeiro gran campionato do mundo, logrou ao facerse co título interino da WBA dos medios ao derrotar a Milton Núñez en 2010. A WBA elevouno ao status de campión regular no mesmo ano, e en 2011 gañou o título IBO dos medios, que permanecía vacante, ao derrotar a Lajuan Simon. En 2014 Golovkin adquiriu o status de campión da WBA, e defendeu con éxito os seus títulos contra Daniel Geale. Pouco despois derrotou a Marco Antonio Rubio para engadir o título WBC interino dos medios á súa colección, e logo derrotou a David Lemieux en 2015 para gañar o título IBF dos medios. Despois de deixar Canelo Álvarez vacante o seu título WBC dos medios en 2016, Golovkin accedeu ao status de campión pleno, e dende entón, leva tres dos catro grandes títulos mundiais do boxeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ratings" Arquivado 08 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. The Ring, 31 de xaneiro de 2017
- ↑ "Pound-for-pound rankings: Vasiliy Lomachenko takes top spot from Gennady Golovkin".
- ↑ "Ratings" Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. BoxRec BoxRec, 19 de marzo de 2017.
- ↑ "P4P" Arquivado 24 de xuño de 2013 en Archive.is . Transnational Boxing Rankings Board], 19 de marzo de 2017.