Geneviève Bujold
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1942 (82 anos) Montreal, Canadá |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , actriz de cinema |
Período de actividade | 1964 - |
Lingua | Lingua francesa e lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Paul Almond (1967–1973) |
Premios
| |
Geneviève Bujold, nada en Montreal o 1 de xuño de 1942, é unha actriz canadense. Pola súa interpretación de Ana Bolena en Ana dos mil días foi candidata ao Óscar á mellor actriz[1] e gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de drama.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bujold naceu en Montreal (Quebec), filla de Laurette Cavanaugh e Joseph Firmin Bujold, condutor de autobús.[3][4] Foi criada e educada de xeito moi estrito no seo dunha familia católica. Os seus pais enviárona a unha escola relixiosa, asistindo durante a escola primaria e case toda a secundaria. O estrito código de disciplina da escola provocáballe rexeitamento e acabou por abandonar a escola na procura dunha carreira artística.
Estudou arte dramática no Conservatoire d'art dramatique de Montreal ata que lle chegou a súa grande oportunidade profesional. EStando de xira cunha compañía de teatro en París, coñeceu o director Alain Resnais, que a seleccionou para actuar xunto a Yves Montand no filme A guerra rematou (1966). Animada por este éxito, decidiu permanecer un tempo máis en Francia, período en que actuou para outros directores, como Louis Malle.
Bujold apareceu en numerosos papeis en filmes canadenses e estadounidenses para a televisión. En 1967 recibiu unha candidatura ao Emmy pola súa interpretación de Xoana de Arco nun filme de NBC. Ese mesmo ano contraeu matrimonio co director canadense Paul Almond, para quen actuou en Isabel (1968) e Act of the Heart (1970), xunto a Donald Sutherland. Tiveron un fillo, Matthew, en 1968, e divorciáronse en 1972. Tamén en 1968 foi galardoada co Prix Suzanne Bianchetti como a actriz nova máis prometedora do cinema francés.
En 1969 protagonizou canda Richard Burton o filme Ana dos mil días, polo que gañou o Globo de Ouro como mellor actriz e ademais foi candidata ao Óscar.
O 25 de decembro de 1972, nunha breve carta ao xornal Le Devoir, rexeitou ser condecorada coa Orde do Canadá, a máis alta condecoración civil do país, polo xeito en que se lle ofreceu (por correo) e porque ademais Bujold é simpatizante do movemento de independencia de Quebec.[5][6]
Bujold parecía destinada a converterse nunha estrela, mais o seu mal carácter levouna a enfrontarse con Universal Studios, ata o punto de que rescindiu o seu contrato, o que acabou nun xuízo que se resolveu cando accedeu a aparecer no filme de catástrofes Terremoto (1974). Nos anos seguintes apareceu en filmes como The Trojan Women (1971), xunto a Katharine Hepburn e Vanessa Redgrave, Kamouraska (1973), Obsession, de Brian De Palma (1976), Alex e a xitana (1976), con Jack Lemmon, Another Man, Another Chance (1977), xunto a James Caan, ambos de Claude Lelouch, o thriller Coma (1978), xunto a Michael Douglas, Choose Me (1984), dirixido por Alan Rudolph e Tightrope (1984), con Clint Eastwood. Foi galardoada co Premio Genie á mellor actriz pola súa interpretación en Murder by Decree (1979).
Bujold, que fixo unha parada na súa carreira tralo nacemento en 1980 do seu segundo fillo, Emmanuel, regresou á pantalla en 1984 con Choose Me e continuou a manterse ligada ao cinema, especialmente en compañías independentes.
En 1994 asinou un contrato para interpretar o papel principal da serie estadounidense, Star Trek: Voyager, como a capitá Nicole Janeway, mais renunciou despois de filmar só unhas escenas do primeiro episodio. Esgrimiu varios motivos para tomar esa decisión, entre eles, que o traballo para a serie era demasiado esixente, que houbo diferenzas cos produtores sobre como interpretar o papel e que se sentía ofendida porque os produtores querían que empregase un uniforme máis sexy, principalmente para manter a fidelidade dos espectadores da serie, que na súa maioría, eran un público masculino. Sobre isto, Rick Berman, comentarista da revista TV Guide[7] dixo: "Quedou inmediatamente patente que (o papel) non lle acaía". Os produtores posteriormente contrataron a veterana Kate Mulgrew e cambiaron o nome da personaxe a Kathryn Janeway, por suxestión de Mulgrew.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1963 | Amanita Pestilens | Sophie Martin | |
1964 | Geneviève | Geneviève | Curtametraxe |
1964 | La fleur de l'âge, ou Les audolescentes | Genevieve | |
1964 | La terre à boire | Barbara | |
1964 | La fin des étés | Marie | Curtametraxe |
1966 | A guerra rematou | Nadine Sallanches | |
1966 | Le Roi de cœur | Coquelicot | |
1967 | Le voleur | Charlotte | |
1967 | Entre la mer et l'eau douce | Geneviève | |
1968 | Isabel | Isabel | |
1969 | Ana dos mil días | Anne Boleyn | |
1970 | Marie-Christine | Short subject | |
1970 | The Act of the Heart | Martha Hayes | |
1971 | The Trojan Women | Cassandra | |
1972 | Journey | Saguenay | |
1973 | Kamouraska | Élisabeth | |
1974 | Filme | Denise | |
1975 | L'incorrigible | Marie-Charlotte Pontalec | |
1976 | Swashbuckler | Jane Barnet | |
1976 | Obsession | Elizabeth Courtland / Sandra Portinari | |
1976 | Alex e a xitana | Maritza | |
1977 | Another Man, Another Chance | Jeanne Leroy née Perriere | |
1978 | Coma | Dr. Susan Wheeler | |
1979 | Murder by Decree | Annie Crook | |
1980 | The Last Flight of Noah's Ark | Bernadette Lafleur | |
1980 | Final Assignment | Nicole Thomson | |
1982 | Monsignor | Carla | |
1984 | Tightrope | Beryl Thibodeaux | |
1984 | Choose Me | Nancy | |
1985 | Trouble in Mind | Wanda | |
1988 | Rough Justice | ||
1988 | The Moderns | Libby Valentin | |
1988 | Dead Ringers | Claire Niveau | |
1990 | False Identity | Rachel Roux | |
1991 | Rue du Bac | Marie Aubriac | |
1992 | The Dance Goes On | Rick's Mother | |
1992 | Oh, What a Night | Eva | |
1993 | An Ambush of Ghosts | Irene Betts | |
1994 | Mon amie Max | Marie-Alexandrine Brabant | |
1996 | The Adventures of Pinocchio | Leona | |
1997 | The House of Yes | Mrs. Pascal | |
1997 | Dead Innocent | Suzanne St. Laurent | |
1998 | Last Night | Mrs. Carlton | |
1998 | You Can Thank Me Later | Joelle | |
1999 | Eye of the Beholder | Dr. Jeanne Brault | |
2001 | Sex and a Girl | Natalie | |
2002 | Chaos and Desire | Colette Lasalle | |
2003 | Jericho Mansions | Lily Melnick | |
2003 | Finding Home | Katie | |
2004 | Downtown: A Street Tale | Aimee Levesque | |
2005 | Mon petit doigt m'a dit... | Rose Evangelista | |
2006 | Disappearances | Cordelia | |
2006 | Délivrez-moi | Irène | |
2009 | The Trotsky | Denise Archambault | |
2011 | Pour l'amour de Dieu | Soeur Cécile 72 ans | |
2012 | Still Mine | Irene Morrison | |
2013 | La Légende de Sarila | Saya (versión inglesa, voz) | |
2013 | Northern Borders | Abiah Kittredge | |
2015 | Chorus | Gabrielle | |
2018 | Two Girls | Johanna adulta (voz) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AMC filmsite "1969 Academy Awards Winners and History"
- ↑ Geocities "Golden Globes 1969"
- ↑ Genevieve Bujold Biography (1942-)
- ↑ "Geneviève Bujold" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de novembro de 2008. Consultado o 9 de maio de 2009.
- ↑ McCreery, Christopher. 2005. The Order of Canada: its origins, history, and development. (ISBN: 0802039405) Toronto: University of Toronto Press; p. 210. Consultado o 18 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Refus du titre d'Officier de l'ordre du Canada par Geneviève Bujold et Claude Jutra". Le Devoir: 25 de novembro de 1972, p.1; via Bilan du Siècle. Consultado o 18 de xaneiro de 2009.
- ↑ Edición da semana do 8 ao 14 de outubro de 1994