Geheimes Kuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Geheimes Kuba
Geheimes Kuba - Titel.jpg
FormatoDocumental
Desenvolvido porLOOKSfilm
Dirixido por
Emmanuel Amara
País de orixeAlemaña Alemaña
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Duración52 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeira emisión11 de decembro de 2015
Na rede
https://www.netflix.com/title/80109535
IMDB: tt5319838 Netlix: 80109535Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Geheimes Kuba é unha serie documental alemá que retrata a historia de Cuba dende tempos coloniais até o presente.[1] Componse de oito episodios e estreouse a través de Netflix o 11 de decembro de 2015.[2]

En Geheimes Kuba, máis de 50 testemuñas e expertos internacionais sobre Cuba foron entrevistados no documental, abranguendo tanto partidarios como detractores de Fidel Castro e o seu predecesor Fulgencio Batista. Entre eles están o ex xefe de intelixencia de Cuba Juan Antonio Rodríguez Menier e o xefe da KGB para América Latina Nikolai Leonov, o compañeiro de Che Guevara Dariel Alarcón e o axente da CIA Félix Rodríguez, a antiga amante de Fidel Castro Marita Lorenz e o seu antigo gardacostas Carlos Calvo, a fillastra do xefe da mafia Meyer Lansky, o famoso novelista cubano Leonardo Padura e o último Xefe de Estado da RDA e amigo persoal dos irmáns Castro, Egon Krenz.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Cuba Libre Story". Netflix Media Center. Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  2. "‘The Cuba Libre Story’ Leaving Netflix in December 2021". What's on Netflix. 8 de novembro de 2021. 
  3. "The Cuba Libre Story". LOOKSfilm. Consultado o 24 de xullo de 2019.