Gaziura
Aparencia

Gaziura (en grego: Γαζίουρα), era unha cidade do Ponto, preto do actual río Yeşilırmak (denominación ne grego antigo: Iris). Algúns eruditos equiparan Gaziura con Talaura, outros con Ibora,[1] e outros co moderno Turhal.[2][3]
Foi residencia antiga dos reis do Ponto, mais na época de Estrabón estaba abandonada.[4][5] Dión Casio (XXXV-12) indica que foi o lugar onde Mitrídates VI do Ponto tomou posicións contra o romano Caio Valerio Triario.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vailhé, S. (1910). "Ibora". The Catholic Encyclopedia. Consultado o 22-7-2019.
- ↑ Talbert, Richard (2000). Barrington Atlas of the Greek and Roman World (en inglés). Mapa 87 & notas. Princeton (NJ): Princeton University Press. ISBN 978-0691031699.
- ↑ Marek, Christian (2016). In the Land of a Thousand Gods: A History of Asia Minor in the Ancient World (en inglés). Princeton (NJ): Princeton University Press. p. 265. ISBN 978-0691159799.
- ↑ William Smith (1854). Dictionary of Greek and Roman biography and mythology (en inglés). Boston: Little Brown and company. p. 982.
- ↑ "Strabo, Geography". perseus.tufts.edu (en inglés). Libro 12. Capítulo 3: 15. Consultado o 23-7-2019.
- ↑ Dión Casio. Historia de Roma. XXXV. 12.
- ↑ Plinio, o Vello. Naturalis Historia. VI. 2.