Gastón Cellerino
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2020) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Gastón Andrés Javier Cellerino Grasso 26 de xuño de 1986 (38 anos) Viedma, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Gastón Andrés Javier Cellerino Grasso, nado en Viedma o 26 de xuño de 1986, é un futbolista arxentino, coñecido como Cellerino. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Rápido de Bouzas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi formado nas divisións inferiores do Boca Juniors. Xogou porfesionalmente no Deportivo Patagonés do seu país, na Universidad San Martín de Porres do Perú, ademais tivo un paso polo Atenas San Carlos da Segunda División do Uruguai.
O ano 2008 xoga no Rangers da Primeira división chilena. No Torneo de Clausura alcanzou 16 goles en 18 partidos e foi, xunto con Néstor Bareiro, o goleador da fase regular. Só sería superado por Lucas Barrios, quen finalmente sería o goleador do torneo con play-offs.[1] Nun encontro no Estadio Fiscal de Talca ante o Palestino marcou un gol de chilena, que ata o arbitro do encontro, Carlos Chandía, aplaudiu.[2]
O 22 de xaneiro de 2009 a prensa informa o traspado do dianteiro arxentino ao club italiano Lazio, a cambio de algo máis de tres millóns de dólares. Os romanos estarían observándoo desde había dous meses, pero finalmente ficharía polo Livorno da Serie B do Calcio Italiano. Con este equipo conseguiu o ascenso á Serie A. No mercado de inverno de 2010 recala, cedido, no Celta de Vigo ata final de tempada e con opción de compra.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano |
---|---|---|
Deportivo Libertad | Arxentina | 1997-2003 |
Santo Fútbol Club | Arxentina | 2004-2005 |
Deportivo Patagonés | Arxentina | 2006 |
Universidad San Martín | Perú | 2007 |
Atenas | Uruguai | 2007 |
Rangers | Chile | 2008 |
Livorno | Italia | 2009-2010 |
Celta de Vigo | Galicia | 2010-presente |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Campionato Nacional | Universidad San Martín | Perú | 2007 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Terra.cl - Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 10 de maio de 2010.
- ↑ Elmercurio.com (ed.). "Se ata o árbitro aplaudiuno". Consultado o 25 de decembro de 2008.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Futbolistas da Arxentina
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Rangers de Talca
- Xogadores do AS Livorno
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Racing Club de Avellaneda
- Xogadores do Santiago Wanderers
- Xogadores do Club Bolívar
- Xogadores da Real Balompédica Linense
- Xogadores do Deportivo Temuco
- Nados en 1986
- Nados na provincia de Río Negro