Gastón Cellerino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Cellerino
Información persoal
Nome Gastón Andrés Javier Cellerino Grasso
Nacemento 26 de xuño de 1986
Lugar de nacemento Viedma
Altura 1,85
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Rápido de Bouzas
editar datos en Wikidata ]
Cellerino co Rápido de Bouzas.

Gastón Andrés Javier Cellerino Grasso, nado en Viedma o 26 de xuño de 1986, é un futbolista arxentino, coñecido como Cellerino. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Rápido de Bouzas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi formado nas divisións inferiores do Boca Juniors. Xogou porfesionalmente no Deportivo Patagonés do seu país, na Universidad San Martín de Porres do Perú, ademais tivo un paso polo Atenas San Carlos da Segunda División do Uruguai.

O ano 2008 xoga no Rangers da Primeira división chilena. No Torneo de Clausura alcanzou 16 goles en 18 partidos e foi, xunto con Néstor Bareiro, o goleador da fase regular. Só sería superado por Lucas Barrios, quen finalmente sería o goleador do torneo con play-offs.[1] Nun encontro no Estadio Fiscal de Talca ante o Palestino marcou un gol de chilena, que ata o arbitro do encontro, Carlos Chandía, aplaudiu.[2]

O 22 de xaneiro de 2009 a prensa informa o traspado do dianteiro arxentino ao club italiano Lazio, a cambio de algo máis de tres millóns de dólares. Os romanos estarían observándoo desde había dous meses, pero finalmente ficharía polo Livorno da Serie B do Calcio Italiano. Con este equipo conseguiu o ascenso á Serie A. No mercado de inverno de 2010 recala, cedido, no Celta de Vigo ata final de tempada e con opción de compra.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Deportivo Libertad Arxentina 1997-2003
Santo Fútbol Club Arxentina 2004-2005
Deportivo Patagonés Arxentina 2006
Universidad San Martín Perú 2007
Atenas Uruguai Uruguai 2007
Rangers Chile Chile 2008
Livorno Italia Italia 2009-2010
Celta de Vigo Galicia Galicia 2010-presente

Palmarés[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campionato Nacional Universidad San Martín Perú 2007

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Terra.cl - Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  2. Elmercurio.com (ed.). "Se ata o árbitro aplaudiuno". Consultado o 25 de decembro de 2008. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]