Garza amarela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garza amarela

Garza amarela.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Ardeidae
Xénero: Ardea
Especie: A. ralloides
Nome binomial
'Ardea ralloides'
(Scopoli, 1769)
Área de distribución da garza amarela. Amarelo: verán; verde: todo o ano; azul: inverno.
Área de distribución da garza amarela. Amarelo: verán; verde: todo o ano; azul: inverno.

Área de distribución da garza amarela. Amarelo: verán; verde: todo o ano; azul: inverno.

A garza amarela (Ardeola ralloides) é unha ave da familia das garzas (Ardeidae). É nativa de África, Europa meridional e Asia occidental. Ten costumes migratorias e adoita vivir en zonas húmidas, lagoas e áreas arboradas.

Características[editar | editar a fonte]

Mide entre 44 e 47 cm de lonxitude, dos cales o corpo ocupa uns 20–23 cm, acadando os 80–92 cm de envergadura.[1] A súa plumaxe presenta unha coloración marrón clara, coas ás brancas e unha serie de plumas colgantes sobre la cabeza. As patas son de cor verdosa e adquiren unha tonalidade rosada durante a época de reprodución. O peteiro é tamén verdoso pero coa punta escura no inverno; en cambio, adquire unha tonalidade negra e azul durante o período reprodutor. As crías presentan o peito con listas de cor marrón. Cando o animal está pousado, obsérvase a cor leonada da plumaxe, mentres que no voo destaca a cor branca nas ás e cola.

Hábitos[editar | editar a fonte]

Aniña entre plantas acuáticas, sobre as árbores, na vexetación baixa ou no chan. Realiza unha única niñada anual formada por entre 4 e 6 ovos (raramente 7), que son chocados por ambos proxenitores durante un período de 22-24 días. As crías son coidadas polos pais e fican no niño durante 32 días. Aliméntase de peixes, insectos, larvas, vermes e elementos vexetais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David William Snow, Christopher Perrins (Eds) (1997). The Birds of the Western Palearctic [Abridged]. OUP. ISBN 019854099X.