Ganglios linfáticos apicais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os ganglios linfáticos apicais ou subclaviculares ou mediais son un conxunto de ganglios linfáticos do membro superior humano, pertencentes ao grupo axilar. Son entre seis e doce, situados por detrás do músculo pectoral menor. Drenan os vasos linfáticos que acompañan á vea cefálica no seu percorrido polo antebrazo. Está ademais interconectado co resto dos ganglios linfáticos axilares por pequenos vasos.

O grupo apical envía a linfa cara ao tronco linfático subclavio, que no lado dereito adoita rematar na vea xugular interna, na vea subclavia ou no tronco linfático xugular. No lado esquerdo remata no conduto torácico. Nalgúns casos pode haber vasos linfáticos dirixidos cara aos ganglios linfáticos cervicais fondos inferiores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.