Galvarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galvarino
Galvarino.jpg
Nacemento21 de setembro de 1490
Falecemento30 de novembro de 1557
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Galvarino (do mapuche Kalwarëngo: "mecha moída de choclo"),[1] finado na batalla de Millarapue, 30 de novembro de 1557, foi un guerreiro mapuche pertencente ás filas de Lautaro. Aínda que só se coñecen algúns datos da súa vida, Galvarino foi un dos guerreiros mapuches máis importantes. Combateu ás forzas invasoras do gobernador García Hurtado de Mendoza e foi capturado na batalla de Lagunillas, xunto ó río Biobío.[2]

Como escarmento, cortáronlle as mans, feito que o poeta español Alonso de Ercilla (1533-1594) narra no poema La araucana, sinalando que, logo deste acto, tendeu o pescozo para que lle quitasen a vida, pero foi perdoado e regresou cos seus, xurando vingarse.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salgado. "Toponimia Amerindia de la Región Metropolitana" (PDF). Consultado o 18 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Biografías y Vidas. "Galvarino". Consultado o 21 de novembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]