Lautaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lautaro
Nacementoc. 1535
Lugar de nacementoRexión de Biobío
Falecemento29 de abril de 1557
Lugar de falecementoSagrada Familia
EtniaPobo mapuche
Ocupaciónguerreiro
CónxuxeGuacolda
editar datos en Wikidata ]

Lautaro (en mapuche: "Lef-Traru"; que é o nome en lingua mapuche da ave falconiforme Caracara plancus), finado o 29 de abril de 1557, foi un toqui mapuche coñecido por liderar a resistencia indíxena contra conquista española en Chile e desenvolveu as tácticas que continuarían a empregar os mapuches dureante a longa guerra de Arauco. Lautaro foi capturado polas forzas españolas sendo moi novo, e pasou a súa mocidade como servo persoal de Pedro de Valdivia, mais escapou en 1551. De novo entre a súa xente foi declarado toqui e liderou os guerreiros mapuches nunha serie de vitorias contra os españois, culminando na batalla de Tucapel en decembro de 1553, onde Pedro de Valdivia foi asasinado. Unha vaga de tifo, secas e fames evitaron que os mapuches tomaran máis accións para expulsar os españois durante os anos 1554 e 1555. Entre 1556 e 1557, un pequeno grupo de mapuches comandados por Lautaro tentaron chegar a Santiago para liberar a rexión do Chile central do goberno español. O intento de Lautaro rematou en 1557 cando foi asasinado nunha emboscada polos españois.

Hoxe en día, Lautaro é considerado polos mapuches e polos chilenos non mapuches como un símbolo de resistencia contra a conquista estranxeira, contra a servidume e a crueldade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]