Saltar ao contido

Galicia Literaria (Ourense)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xuño de 2015 ás 10:46 por Elisardojm (conversa | contribucións) (amaño referencia)

Galicia Literaria foi unha revista mensual editada en Ourense entre 1883 e 1884.

Traxectoria

Subtitulada Revista de Ciencias, Artes y Literatura, apareceu o 15 de marzo de 1883. Tomou o nome da asociación La Galicia Literaria, un parladoiro que fundou Teodosio Vesteiro Torres en Madrid en 1875. Dirixida por Juan Neira Cancela, contou coa colaboración de José María Posada, Luís Taboada, Manuel Lago González (Silvio), González Ubiña, José Tresguerras Melo, Leonardo Mármol, Nicolás Taboada Fernández, Rogelio Cibeira, Filomena Dato Muruais, Francisco Añón, Benito Vicetto, Emilia Calé, Alberto García Ferreiro e Emilia Pardo Bazán. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Antonio Otero. Cesou a súa edición co número 26 o 15 de xullo de 1884.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.