Gaivota de cabeza negra
Gaivota de cabeza negra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ichthyaetus melanocephalus' (Temminck, 1820, costa do Mar Adriático) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Larus melanocephalus |
A gaivota de cabeza negra[2] é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha especie moi semellante á gaivota chorona tanto en tamaño coma en morfoloxía. Unha das diferenzas máis salientables son as ás completamente brancas da cabecinegra, en contraste coas puntas negras das as da chorona. Ademais a cabecinegra presenta un peteiro claramente avermellado tanto en adultos coma en xuvenís. No caso dos adultos da chorona o peteiro é escuro, case negro. Cada individuo tarda tres anos en acadar a idade adulta. Aniñan en colonias.
Distribución
[editar | editar a fonte]No inverno presente en todas as costas europeas, tanto atlánticas coma no mediterráneo, agás o Mar Báltico. No resto do ano ocupa puntos illados no interior de Europa Occidental e Central.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Butchart, S.; Symes, A. (2015). "Larus melanocephalus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T22694443A85050054. Consultado o 28 April 2016.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.