Saltar ao contido

Gabriel Vitini Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Vitini Alonso
Biografía
Nacemento1834
provincia de Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1905 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Galería de Gabriel Vitini na Coruña

Gabriel Vitini Alonso, nado en Castrillo-Tejeriego (Valladolid) o 18 de marzo de 1834[1] e finado na Coruña en 1905[2], foi un mestre de obras valisoletano que traballou na cidade da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo estudos na Escola de Belas Artes de Valladolid entre 1866 e 1869. Trasladado á cidade da Coruña exerceu como mestre de obras (agora arquitectos técnicos ou enxeñeiros de edificación) entre 1870 e 1901.

Durante a súa estancia na cidade herculina realizou diversos proxectos, merecendo destacarse, polo impacto como construción emblemática urbana, o Obelisco dos Cantóns, que foi inaugurado en 1895, e cuxa base e cimentación debeuse a Antonio de Mesa.

A este mestre de obras débese o inicio da serie de galerías da cidade da Coruña, solución doméstica innovadora que se empregou despois con profusión nas edificacións privadas.

  1. Domínguez Burrieza, Francisco Javier (13 de marzo de 2020). "Maestros de obras sin obras: talento perdido en la arquitectura española de finales del siglo XIX (ejemplos de profesionales titulados en Valladolid)". EGA Revista de Expresión Gráfica Arquitectónica (en castelán) 25 (38): 64. ISSN 2254-6103. doi:10.4995/ega.2020.11199. 
  2. "Gabriel Vitini Alonso - Real Academia de la Historia". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]