GLAST

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GLAST / Fermi
Representación de Fermi / GLAST.
TipoObservatorio espacial de raios gamma
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de xuño de 2008, 16:05 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7920H[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla SLC-17B[2][6]
Obxectivo da misiónObservación do ceo no rango dos raios gamma.[2][6]
NSSDC ID2008-029A
Masa4303,0 kg[2][5][6]
Potencia3122 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6923 km[1]
Inclinación25,6 graos[1]
Apoapse562,7 km[1]
Periapse543,1 km[1]

GLAST, acrónimo de Gamma-ray Space Telescope e máis tarde bautizado como Fermi en honor ó físico Enrico Fermi, é un telescopio espacial de raios gamma lanzado pola NASA o 11 de xuño de 2008 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de GLAST é observar o ceo no rango de lonxitudes de onda dos raios gamma, con enerxías entre 10 keV e máis de 300 GeV.[2]

Os obxectivos científicos principais de GLAST son estudar os contornos máis extremos do Universo, buscar sinais de novas leis físicas e comprender a composición da materia escura, estudar a aceleración ata velocidades relativistas dos chorros de materia nos buratos negros, estudar as explosións de raios gamma e outros fenómenos, como erupcións solares, púlsares e raios cósmicos.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

GLAST leva a bordo dous instrumentos principais:[2]

  • Large Area Telescope (LAT, telescopio de grande área): estuda os raios gamma no rango de enerxía entre 20 MeV e 300 GeV. LAT está formado por unha matriz de 4 x 4 torres, cada unha cunha pantalla de anticoincidencia feita de plástico só sensible ós raios cósmicos, respaldada por 19 capas de follas de tungsteno alternándose con 19 capas de tiras de silicio, e finalmente cun calorímetro de ioduro de cesio para medir a enerxía total dos fotóns incidentes. LAT pode determinar a orixe dun raio gamma no ceo cunha precisión dun minuto de arco.[7]
  • GLAST Burst Monitor (GBM, monitor de explosións de GLAST): monitoriza todo o ceo en busca de explosións de raios gamma no rango de enerxías entre 10 keV e 30 MeV e con duracións de entre un milisegundo a varios minutos. O instrumento contén 12 discos de ioduro de sodio orientados cara doce direccións distintas. A dirección na que se produce a explosión dedúcese do disco que detecta a maior intensidade de fotóns, información que se usa para apuntar LAT, máis sensitivo, na dirección do evento.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GLAST" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (14 de maio de 2012). "Fermi Gamma-ray Space Telescope" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  3. "Note verbale dated 4 February 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (10-50342): 4. 21 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "GLAST" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GLAST (FGST, Fermi)" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "GLAST" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  7. NASA (14 de maio de 2012). "Large Area Telescope (LAT)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2013. 
  8. NASA (14 de maio de 2012). "GLAST Burst Monitor (GBM)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]