Saltar ao contido

GEOS 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GEOS 3
GEOS 3
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA
Destino actualRetirado
Satélite deTerra
Data de lanzamento9 de abril de 1975, 23:58 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 1410[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudos xeodésicos.[2]
NSSDC ID1975-027A
Masa340 kg[2][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7208 km[1]
Inclinación115,0 graos[1]
Apoapse845,0 km[1]
Periapse829,1 km[1]

GEOS 3 (acrónimo de Geodetic Earth Orbiting Satellite) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 9 de abril de 1975 mediante un foguete Delta 1410 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][6]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de GEOS 3, ao igual que a dos seus predecesores Explorer 29 (GEOS 1) e Explorer 36 (GEOS 2), foi realizar estudos xeodésicos. GEOS 3 non pertencía ao programa Explorer. O satélite tiña forma de octaedro de 1,22 m de diámetro e 1,11 m de altura coroado por unha pirámide truncada cun reflector parabólico na parte contraria. Un mastro estendíase 6,1 m a partir da pirámide truncada un anel de retrorreflectores láser rodeaba a antena parabólica.[2][5][6]

Entre os obxectivos de GEOS 3 estaba un experimento de altimetría para calibrar outros sistemas de radar en banda C e facer un experimento de seguimento entre satélites xunto co satélite ATS 6 usando tranpondedores en banda S.[2][5][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

GEOS 3 levaba a bordo sete instrumentos:[2][5][6]

  • Sistema de retrorreflectores.
  • Dúas antenanas en banda C.
  • Unha antena en banda S.
  • Unha antena de retransmisión ATS.
  • Unha antena en VHF.
  • Un altímetro radar.
  • Unha baliza Doppler.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GEOS 3" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (17 de abril de 2020). "GEOS 3" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2020. 
  3. "Letter dated 13 August 1975 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (75-16756): 2. 26 de agosto de 1975. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2019). "GEOS 3" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GEOS 3" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2020). "GEOS" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]