Applications Technology Satellite 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Applications Technology Satellite 6
Ats6.jpg
ATS-6 durante as probas de lanzamento.
Tipo Demostrador tecnolóxico, comunicacións
Organización NASA
Data de lanzamento 30 de maio de 1974[1][2][3]
Foguete portador Titan[2][4]
Sitio de lanzamento Centro Espacial Kennedy[2]
Obxectivo da misión Demostración de novas tecnoloxías no espazo e comunicacións.[2]
NSSDC ID 1974-039A
Masa 930 kg[2][4]
Semieixo maior 41.691,1 km[1]
Inclinación 12,3 graos[1]
Apoapse 36.024,9 km[1]
Periapse 35.453,2 km[1]

Applications Technology Satellite 6 ou ATS 6 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 30 de maio de 1974 mediante un foguete Titan desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características[editar | editar a fonte]

A misión principal de ATS-6 foi despregar unha antena direccionable de alta ganancia en órbita para proporcionar comunicacións mediante o sinal de televisión a receptores terrestres e medir e avaliar o funcionamento da antena.[2]

Como misión secundaria, adicouse a realizar experimentos sobre control aéreo, comunicacións por láser e fotografado da Terra.[2]

O satélite levaba a bordo un motor de ións de cesio para medir o seu pulo e a compatibilidade electromagnética con outros subsistemas da nave. O propulsor medía 8 cm de diámetro e foi deseñado para funcionar a 0,15 kW de potencia, proporcionando 4,5 mN de forza cun impulso específico de 6700 segundos. A voltaxe de entrada no motor era de 5600 voltios e a cantidade de propelente a bordo era de 3,6 kg. En probas previas en terra o record de funcionamento era de 2614 horas. No ATS-6 o motor funcionou 92 horas debido á finalización prematura do experimento por problemas co sistema de alimentación do propelente.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "ATS 6" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=7318. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "ATS 6" (en inglés). 8 de xullo de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1974-039A. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  3. John Scali (7 de agosto de 1974). "Letter dated 26 July 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-20824). http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=832. 
  4. 4,0 4,1 "ATS 6, G" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ats-6.htm. Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  5. "ATS 8 cm" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/engines/ats8cm.htm. Consultado o 24 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]