Güyük
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Nome de templo | 定宗 |
|---|---|
| Nome póstumo | 簡平皇帝 |
| Biografía | |
| Nacemento | (mn) ᠭᠦᠶ᠋ᠦᠭ 19 de marzo de 1206 Camague Mongol |
| Morte | 20 de abril de 1248 Imperio Mongol |
| 3º Khan do Imperio mongol | |
| 24 de agosto de 1246 – 1248 ← Töregene Khatun (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Tengrismo |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Xenxiskhánidas |
| Cónxuxe | Wuwuerheimishi Ogul Caimis Naimanzhen |
| Fillos | Khoja ( Naqu ( Khokhoo ( Babahaer ( Yelimishi ( |
| Pais | Ögödei |
| Irmáns | Sürkhakhan Godan Khan Khadan Mieli Khochu Khorachar Khashi |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron History of Yuan (en) New History of Yuan (en) |

Güyük Khan, nado en 1206 e finado en 1248, foi o fillo e sucesor de Ögödei e neto de Xenxis Khan.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1233 conquistou o reino de Dongxia limítrofe con Corea. Participou na grande invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral Subotai onde se desamigou con Batu Khan, fillo de Jochi, o primoxénito de Xenxis Khan. Trala rexencia da súa nai, Törgene Khatun, durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do irmán máis novo de Xenxis Khan, Temuge, foi elixido e entronizado por un multitudinario kurultai o 24 de agosto de 1246. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio Califa de Bagdad; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con grande autonomía nas estepas rusas coa súa Horda de Ouro. Nese kurultai estivo tamén o franciscano Xoán de Plano Carpini como embaixador do papa Inocencio IV. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.
Aumentou os impostos, executou a altos oficiais do anterior goberno que lle resultaron sospeitosos, expresou aos embaixadores europeos as súas pretensións de dominio mundial, autorizou operacións de saqueo en Corea e puña e quitaba reis en reinos como o de Xeorxia, que acabou dividindo, e no Sultanato do Rum. Rodeouse para os labores de goberno de cristiáns nestorianos. Organizou un gran censo nos seus dominios e fixo do reino armenio de Cilicia o seu vasalo.
Resolto a recompoñer a unidade do imperio do seu pai co fin de dominar Europa e preparar un grande ataque mortal ao Imperio Abasida, chamou ao seu encontro a Batu. Este foi advertido de que podía caer nunha trampa, polo que se achegou a Asia central co seu grande exército. Güyük fixo o propio e marchou ao seu encontro. Cando o gran choque parecía inevitable, Güyük morreu en circunstancias pouco claras, parece ser que dunha chea.
Batu conseguiu impoñer ao seu candidato Mongke, fillo de Tolui.