Göran Björkman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Göran Björkman
Göran Björkman SPA (cropped).jpg
Nome completoKarl Jakob Göran Linus Björkman
Nacemento14 de agosto de 1860
Lugar de nacementoHargs
Falecemento22 de decembro de 1923
Lugar de falecementoEstocolmo
NacionalidadeSuecia
Ocupacióntradutor e romanista
editar datos en Wikidata ]

Karl Jakob Göran Linus Björkman, nado na parroquia de Hargs[1] (Östhammar) o 14 de agosto de 1860 e finado en Estocolmo o 22 de decembro de 1923,[2] foi un tradutor sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Björkman converteuse en doutor en filosofía en 1894 e en primeiro actuario do Kommerskollegium (Xunta Nacional de Comercio sueca) en 1912. No ano 1913 converteuse en secretario da Samfundet De Nio (Academia dos Nove) e ocupou ese cargo ata a súa morte.

Björkman traduciu obras do francés, galego, catalán, castelán,[3] italiano, portugués e alemán, entre elas Ekon från Portugals parnass (1899) e Italiensk lyrik (1906). A súa tese doutoral coa universidade de Uppsala en 1894 trataba do poeta portugués Antero de Quental.

Na súa obra Genljud från Hesperien (1896) Björkman traduce ao sueco dous poemas de Uxío Carré Aldao, dous de Rosalía de Castro e dous de Eduardo Pondal.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Göran Björkman pertence á familia Björkman (de Hille). Foi fillo de Knut Fredrik Linus Björkman, que foi alguacil en Alunda, e a súa primeira muller, Laura Petronella Valborg Sundeman. Casou en 1899 con Ebba Johanna Maria Frey (1865-1939).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "563-564 (Nordisk familjebok / Uggleupplagan. 3. Bergsvalan - Branstad)". runeberg.org (en sueco). 1905. Consultado o 2022-06-09. 
  2. "1357-1358 (Nordisk familjebok / Uggleupplagan. 38. Supplement. Riksdagens bibliotek - Öyen. Tillägg)". runeberg.org (en sueco). 1926. Consultado o 2022-06-09. 
  3. 3,0 3,1 "Genljud fran Hesperien (1896)". Real Academia Galega. Consultado o 2022-06-16. 
  4. Svenska Släktkalendern 1976, p 96