Fuxan os ventos (recompilatorio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fuxan os ventos
Recompliación de Fuxan os Ventos
Lanzamento1982
Xénero(s)Folk
Selo(s)Smash
Cronoloxía
Cantigas dun pobo
(1982)
Fuxan os ventos Noutrora
(1984)

Fuxan os ventos é un álbum recompilatorio do grupo de folk galego Fuxan os Ventos. Foi publicado en 1982, baixo o selo Smash. Editouse unicamente en casete.

Os temas "Alalá da pena" (3), "O afiadore" (5) e "Miña nai" (9) e "Irmaus" (10) pertencen ao primeiro álbum, Fuxan os ventos (1976). Os temas "Romance de Rufina" (2) e "O carro" (6) pertencen ao segundo álbum, O tequeletequele (1977). Os temas "A Carolina" (1), "Muiñada" (4), "Sementeira" (7) e "Foliada das olas" (8) pertencen ao terceiro álbum, Sementeira (1978). O tema "Catro mancebos" (11) pertence ao cuarto álbum, Galicia canta ó neno (1978).

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Cara A
N.º Título Duración
1. "A Carolina"   2:22
2. "Romance de Rufina"   4:41
3. "Alalá da pena"   1:26
4. "Muiñada"   2:02
5. "O afiadore"   2:31
6. "O carro"   2:25
Cara B
N.º Título Duración
7. "Sementeira"   2:48
8. "Foliada das olas"   2:57
9. "Miña nai"   3:00
10. "Irmaus"   4:28
11. "Catro mancebos"   1:40

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]