Frinxo, Pazos de Reis, Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frinxo
ParroquiaPazos de Reis
ConcelloTui
Poboación77 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Frinxo é un lugar da parroquia de Pazos de Reis, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 78 habitantes (36 homes e 42 mulleres), un descenso de 27 habitantes respecto ao ano 1999.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Frinxo forma unha aldea separada polo Alto dos Cubos do resto do conxunto habitado de Pazos de Reis.

Historia[editar | editar a fonte]

Na contorna de Frinxo houbo un castro galaico, coñecido localmente coma Castro do Castelo[1]. Xa na Idade Contemporánea, Frinxo experimentou un certo crecemento que fixo que a aldea puidese dispor dunha capela propia, construída entre os anos 1856 e 1860 polo bispo tudense Maceira. Na actualidade esta capela é usada coma igrexa parroquial polos veciños[1].

Patriomonio[editar | editar a fonte]

Nesta aldea hai varios elementos patrimoniais:

  • Capela da Virxe das Dores: edificio relixioso do século XIX[2].
  • Mina de auga de Frinxo[3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pazos de Reis[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pazos de Reis no concello de Tui (Pontevedra)

O Ánxel | Circos | O Eirado | Frinxo | Herdeiros | Muíños | A Poboanza | A Porteliña | Ricamonde | O Seixal


Parroquias de Tui[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Martínez Sigüenza, Xulio (2010). "As parroquias de Tui –síntese histórica" (PDF). Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais (19): 11–48. ISSN 0211-5530. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2020. .
  2. "Capela das Dores de Frinxo". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-26. 
  3. "Mina de auga no lugar de Frinxo". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-26.