Saltar ao contido

Fredrik Eklund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFredrik Eklund
Biografía
Nacemento26 de abril de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Kista, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEdina (pt) Traducir
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Economia de Estocolmo (pt) Traducir
Edina High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoImobiliária (pt) Traducir, industria musical, tecnoloxías da información, actuación cinematográfica e Cinema pornográfico Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor pornográfico , actor de cinema , axente inmobiliario , celebridade , novelista , actor , emprendedor , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
Pseudónimo literarioTag Eriksson Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiKlas Eklund (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSigge Eklund (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesBengt Eklund (pt) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata

Páxina webfredrikeklund.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1456488 Rottentomatoes: celebrity/fredrik_eklund Metacritic: person/fredrik-eklund
Twitter: FredrikEklundNY Editar o valor em Wikidata

Fredrik Eklund, nado o 26 de abril de 1977 en Estocolmo, é un axente inmobiliario, empresario, actor pornográfico, escritor e personalidade da televisión sueco establecido en Nova York.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do economista Kas Eklund e irmán do escritor Sigge Eklund, estudou na Escola de Economía de Estocolmo, traballou algún tempo no xornal financeiro Finanstidningen e en 1999 fundou a empresa Humany, dedicada ao desenvolvemento de software.

Eklund trasladouse a Nova York en 2002 e participou en filmes pornográficos gais baixo pseudónimo Tag Eriksson[1]. En 2003 protagonizou The Hole, unha parodia cómica porno do filme The Ring co que logrou o premio GayVN [2] á mellor escena en solitario'[3] En 2005, publicou o libro autobiográfico Bananflugornas herre sobre esa época.[2]

Axente inmobiliario

[editar | editar a fonte]

Eklund entrou a formar parte da firma inmobiliaria J C DeNiro, onde no primeiro ano ao vender inmobles por valor de 50 millóns de dólares recibiu o nomeamento de vendedor revelación do ano polo Real Estate Board of New York.[2] Foi director de operacións de Core Group Marketing e de Prudential Douglas Elliman, a maior empresa inmobiliaria da costa leste dos Estados Unidos. En febreiro de 2008, vendeu un apartamento para Cameron Diaz, en agosto de 2009 a John Legend e en xullo de 2010 a Daniel Craig.[4] En 2009 fundou Eklund Stockholm New York, con oficinas en Estocolmo[5].

Telerrealidade

[editar | editar a fonte]

Desde 2010 apareceu como un dos protagonista do programa de telerrealidade Million Dollar Listing New York da canle Bravo,[1]

  • Bananflugornas herre (2005). Estocolmo: Debutantförlaget.
  • The Sell: The Secrets of Selling Anything to Anyone (2015)
  1. 1,0 1,1 Widdicombe, Ben (14 de novembro de 2010). "From Pornography to Real Estate Mogul". New York Times. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Fokus, Fredrik Eklund: "Porrkarriären en fördel" Arquivado 11 de setembro de 2016 en Wayback Machine., Fokus, novembro de 2007
  3. "Interview: Fredrik Eklund, Out, 27 de febreiro de 2013
  4. "Jag är besatt av New York", Aftonbladet, 19 de outubro de 2010
  5. http://www.esny.se

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]