Frederick William True

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frederick William True
Frederick William True.jpeg
Frederick William True
Nacemento8 de xullo de 1858
 Middletown, Connecticut
Falecemento25 de xuño de 1914
 Washington, D.C.
Nacionalidadeestadounidense
Alma máterUniversidade de Nova York
Ocupaciónbiólogo, conservador e mastozoólgo
PaiCharles Kittredge True
NaiElizabeth Bassett Hyde
IrmánsAlfred Charles True
EstudosLicenciado en Ciencias
Profesiónbiólogo
OrganizaciónInstituto Smithsoniano
editar datos en Wikidata ]

Frederick William True, nado o 8 de xullo de 1858 en Middletown, Connecticut, e finado o 25 de xuño de 1914 en Washington, D.C., foi un biólogo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frederick W. True era fillo de Charles Kittredge True, ministro metodista, e da súa esposa Elizabeth Bassett Hyde.[1]

True estudou na Universidade de Nova York, onde se gadruou en 1878 como licenciado en Ciencias.[1]

Ao graduarse, aceptou o posto de secretario da Comisión de Pesca dos Estados Unidos (1878-1881). En 1879 foi axente especial experto en pesca, no Décimo Censo dos Estados Unidos. En 1882 estivo a cargo da exhibición de Comisión de Pesca dos Estados Unidos na Exposición de Pesca de Berlín.[1]

True foi o primeiro conservador principal de bioloxía, desde 1897 até 1911, ano da súa morte, no Museo Nacional dos Estados Unidos, hoxe integrado no Instituto Smithsoniano.[2]

É coñecido por ser o descritor para a ciencia de varias novas especies, entre elas:

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1884. "A provisional list of the mammals of the North and Central America, and the West Indian Islands". Proceedings of the United States National Museum 78: 587–611.
  • 1890. "Description of a new species of mouse, Phenacomys longicaudus, from Oregon". Proceedings of the United States National Museum 13 (826): 303.
  • 1892. "An annotated catalogue of the Mammals collected by Dr. W. L. Abbott in the Kilimandjaro region, East Africa". Proceedings of the United States National Museum 15: 445–480.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura True emprégase para recoñecer a Frederick William True como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DePriest, Paula "True, Frederick William". En American National Biography Online (ANB). Oxford University Press. Consultado o 10 de novembro de 2020.
  2. "Frederick William True Papers". Smithsonian Institution. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  3. Mesoplodon mirus True, 1913 no WoRMS.
  4. Phocoenoides dalli (True, 1885) no WoRMS.
  5. Tamandua quatridactyla True, 1884 no MSW.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]