Franz Stock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Franz Stock
Franz Stock portrait.jpg
Nacemento21 de setembro de 1904
Lugar de nacementoNeheim
Falecemento24 de febreiro de 1948
Lugar de falecementoXIV Distrito de París
Soterradoéglise Saint-Jean-Baptiste de Chartres
NacionalidadeImperio Alemán, República de Weimar e Reich alemán
Relixióncatolicismo
Alma máterInstituto Católico de Paris
Ocupaciónteólogo, sacerdote católico, Capelão militar e activista pola paz
Premioshonorary doctor of the University of Freiburg
editar datos en Wikidata ]

Franz Stock, nado o 21 de setembro de 1904 en Neheim-Hüsten, Renania do Norte-Westfalia e finado o 24 de febreiro de 1948 en París, foi un sacerdote católico coñecido por auxiliar aos prisioneiros franceses na represión nazi en París.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia obreira, realizou estudos filosóficos e teolóxicos en Paderborn. En 1926 participa no Congreso democrático internacional pola Paz, nun contexto de belicismo e ascenso de réximes autoritarios. En 1932 foi ordenado sacerdote.

En 1934 é nomeado reitor da misión católica alemá en París, pero co estoupido da Segunda Guerra Mundial debe retornar a Alemaña.

Tras a ocupación alemá de Francia volve a París. Preocupado pola represión nazi, comeza a visitar as prisións de Fresnes, La Santé e Cherche Midi. Recibe a encomenda de atender aos condenados a morte polo que é dos poucos non integrados no aparello militar ou nazi que se move con certa liberdade polas prisións onde se ateigaban os represaliados pola ocupación. Comeza así un labor clandestino de asistencia aos prisioneiros e de posta en contacto coas súas familias e amigos arriscando a súa propia vida; filtra información, mesmo memorizando as mensaxes, que impiden novas represións e evita máis detencións e torturas. Prepara os testemuños nos xuízos que conseguen atenuar as penas.

Cando as forzas estadounidenses liberan París en 1944, é detido no hospital de la Pieté e fano prisioneiro de guerra. Deste xeito, comeza un labor de atención aos prisioneiros alemáns. Chega a organizar un seminario no campo de prisioneiros preto de Orleáns.

En 1947 é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Friburgo.

Na celebración do cincuenta aniversario da súa morte participaron o Presidente do Senado francés René Morony e o chanceler da República Federal Alemá Helmut Kohl.

Está en marcha o proceso de beatificación.[Cómpre referencia]