Frank Edgar Scobey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frank Edgar Scobey
Frank Edgar Scobey.jpg
Nacemento27 de febreiro de 1866
Lugar de nacementoTroy.
Flag of Ohio.svg Ohio.
Falecemento7 de febreiro de 1931
Lugar de falecementoSan Antonio.
Flag of Texas.svg Texas.
NacionalidadeFlag of the United States.svg Estadounidense
OcupaciónHome de negocios, político e alto funcionario.
editar datos en Wikidata ]

Frank Edgar Scobey, nado en Troy, Ohio, o 27 de febreiro de 1866 e finado en San Antonio, Texas, o 7 de febreiro de 1931, foi un empresario e político estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1922 e 1923.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Frank Edgar Scobey naceu en Troy, no condado de Miami, Ohio, o 27 de febreiro de 1866,[1] fillo de Martha J. Vandeveer e de William Scobey. A súa primeira instrución tivo lugar en escolas públicas da súa vila natal.[2][3]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Posteriormente, Scobey accedeu a un posto como axente da compañía Standard Oil en Troy,[4] mais deixou este labor ao caer enfermo, polo que pasou varios anos viaxando para mellorar a súa saúde, pasando os invernos entre Florida e Texas.[4]

En 1894 estableceu un negocio en asociación co seu tío J. F. Vandeveer.[4]

Xa desde novo, Scobey foi un membro activo do Partido Republicano no condado de Miami. En 1897 foi elixido shériff do condado e, logo dunha reelección, mantivo o cargo ata a súa dimisión en 1902.[2][3]

Ó seu apoio ao membro do Senado dos EEUU Joseph B. Foraker facilitoulle o acceso ao posto de secretario xefe do Senado de Ohio. Nesta época cultivou unha amizade co daquela membro do Senado de Ohio Warren G. Harding. Scobey mantivo este posto ata que en 1904 se trasladou a San Antonio, Texas, onde fundou a compañía Scobey Fireproof Storage Co. e participou en diversos negocios inmobiliarios, ademais de presidir a delegación do Banco da Reserva Federal.[1][3]

Cando Harding foi elixido presidente dos Estados Unidos nas eleccións presidenciais de 1920, nomeou a Scobey director da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Exerceu esta dirección desde marzo de 1922 a setembro de 1923, logo do falecemento do presidente Harding.[1][3][5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Frank Edgar Scobey casou o 7 de maio de 1889 con Mayme Barrington, de Covington, Texas,[4] con quen tivo unha filla, chamada Ruth, nada en 1897 e finada o ano seguinte.[6]

Scobey retirouse en 1923, logo de deixar o seu posto na Casa da Moeda, e pasou a dedicarse aos seus asuntos privados. Morreu en San Antonio, Texas, o 7 de febreiro de 1931, e foi soterrado no cemiterio da súa vila natal de Troy.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Smith, P. (2012). "Scobey, Frank Edgar".
  2. 2,0 2,1 Mercer, J. K.; Rife, E. K. (1903). Páxina 146.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Frank Edgar Scobey".
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Harbaugh, T. C. (1908).
  5. "Former Directors of the United States Mint". United States Mint.
  6. Mercer, J. K.; Rife, E. K. (1903). Páxina 147.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Raymond T. Baker
New US Mint Logo Black.svg
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1922-1923
Sucesor:
Robert J. Grant