Franco a pé
Franco a pé de Carlos V de Francia (1364-1380) | |
---|---|
Carlos en pé de fronte, sostendo espada, baixo arco gótico. Arredor, lenda KAROLVS x DI x GR FRANCOR x REX. Marca de ceca: R (La Rochelle). | Cruz con trevos nos extremos; flores de lis e coroas nos cuartos. Lenda XPC* VINCIT x XRC REGNAT XRC* IMPERAT |
Franc à pied. Carlos V. 1365. |
O franco a pé (en francés: franc à pied) foi unha moeda de ouro medieval francesa, introducida por Carlos V na segunda metade do século XIV.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Logo do éxito do primeiro franco de ouro, chamado franc à cheval ("franco a cabalo"), cuñado baixo o reinado de Xoán II (1350-1364), o seu fillo e sucesor, Carlos V (1364-1380), emitiu tamén o seu propio franco de ouro en 1365.[3]
Este franco de ouro, coñecido como franc à pied, creouse o 22 de abril 1365, cun peso teórico de 3,82 gramos de ouro fino (64 pezas por marco); é dicir, algo máis lixeira ca a do seu antecesor, que pesaba 3,88 gramos de ouro fino (63 pezas por marco).[4]
Ambos os dous tipos de francos de ouro foron amplamente imitados polos mandatarios de territorios veciños, sinaladamente na Provenza e nos Países Baixos.[1][4]
Caracterización
[editar | editar a fonte]- Anverso: Carlos (1364-1380) coroado e con espada e "man da xustiza", baixo un arco gótico flanqueado por flores de lis. Arredor, a lenda KAROLVS x DI x GR FRANCOR x REX ("Carlos, pola graza de Deus, rei dos francos").[5]
- Reverso: Cruz ornamentada cun cuadrilóbulo no centro, cantonada con coroas e flores de lis, e con trevos nos extremos .Arredor, a lenda XPC* VINCIT x XRC REGNAT XRC* IMPERAT ("Cristo vence, Cristo reina, Cristo manda").[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Franc à pied". En Frey, A. R. (1916). Páxina 88.
- ↑ "Franc à pied Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". En Martinori, E. (1915). Páxina 173.
- ↑ Gildas Salaün (2016). "Le franc à pied de Charles V". En Monnaie magazine. Maio. Páxinas 38-40.
- ↑ 4,0 4,1 Belaubre, J. (1996).
- ↑ 5,0 5,1 "Franc à pied de Charles V et Charles VI". Musée Départemental Breton.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique mediévale occidentale. Leopard d'Or, París. ISBN 2-86377-121-3.
- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50.
- Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Roma. Istituto italiano di numismatica.