Franck Biancheri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Franck Biancheri
Portrait FB 12-2011.JPG
Nacemento11 de marzo de 1961
Lugar de nacementoNiza
Falecemento30 de outubro de 2012
Lugar de falecementoParís
Causacancro
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Masséna
Ocupaciónpolítico e politicólogo
editar datos en Wikidata ]

Franck Biancheri, nado en Niza en 1961, é un político e politicólogo francés. Promotor da corrente politolóxica da anticipación, e de convicións europeístas, foi un dos fundadores e o actual presidente de Newropeans, un partido político transeuropeo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como estudante, foi un dos impulsores da rede europea AEGEE[1], que chegou a reunir máis de 12.000 membros en toda Europa. Posteriormente, tamén se contou entre os promotores do programa Erasmus, que lle deu continuidade[2].

Como político, en 1989 lanzou a Initiative pour une Démocratie Européenne, un movemento que procuraba a creación dun partido político europeísta. Esta formación non conseguiu creala ata dezaseis anos despois, cando en 2005 presenta publicamente o partido Newropeans. Esta formación presentouse ás eleccións europeas de 2009 en Alemaña, Francia e os Países Baixos, onde acadou moi poucos votos e ningún eurodeputado.

Dende 2006 é o coordinador científico de Leap/Europe2020, un think-tank que traballa na anticipación de eventos políticos de relevancia internacional[3].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Crise mondiale. En route pour le monde d’après (2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de novembro de 2008. Consultado o 08 de marzo de 2011. 
  2. «L’émergence des Eurocitoyens», Prometheus, 1996
  3. http://hebdo.nouvelobs.com/sommaire/les-uns-les-autres/084554/franck-biancheri-monsieur-apocalypse/reactions/