Francisco Álvarez Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Álvarez Pena
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Mugueimes, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Mugueimes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Álvarez Pena, nado en Mugueimes (Muíños) o 1 de outubro de 1874 e finado na mesma vila o 11 de outubro de 1956, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi secretario do concello de Entrimo (1900-1908). En 1903 foi elixido deputado provincial polo distrito de Xinzo-Verín.[1] Foi nomeado rexistrador interino da propiedade de Bande en 1911.[2] Axitador e orador agrario. Interveu con Basilio Álvarez nas concentracións agrarias de Bande, Lobios e Porqueira nos anos 1913 e 1914. Tamén participou nas conferencias agrarias deses anos, intervindo na reunión preparada pola Colonia Gallega de Lisboa. Foi nomeado xuíz municipal de Muíños en 1915,[3] posto ao que renunciou en 1919.[4] Foi candidato agrario a deputado a Cortes por Bande nas eleccións de 1918. Deu unha conferencia no Ateneo de Madrid sobre Los partidos políticos actuales y los agrarios gallegos. En 1926 foi nomeado secretario do concello de Muíños,[5] presidindo a Unión Patriótica do partido de Bande na ditadura de Primo de Rivera.[6] Volveu ser nomeado secretario do concello de Muíños en 1934.[7] En 1941 pasou a ser secretario do concello do Irixo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

casou con María Sánchez Castro, e foi pai de María Teresa, José Ramón e Francisco Aser Álvarez Sánchez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial de la Provincia de Orense, 29-4-1903, p. 1.
  2. Gaceta de Galicia, 22-11-1911, p. 2.
  3. Diario de Galicia, 28-10-1915, p. 2.
  4. El Correo de Galicia, 15-9-1919, p. 2.
  5. El Progreso, 25-2-1926, p. 3.
  6. La Región, 12-2-1929, p. 8.
  7. La Región, 28-6-1934, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]