Francisco Sierra Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Sierra Rodríguez
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1883 Editar o valor em Wikidata
Xinzo de Limia, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Xinzo de Limia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Sierra Rodríguez, nado en Xinzo de Limia o 13 de marzo de 1883[1] e finado no mesmo concello o 2 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Ourense, rematando en 1906.[2] Foi mestre en Parada de Outeiro (Vilar de Santos) e Figueiroá (Paderne de Allariz). Na República era mestre de Mosteiro de Ribeira. Era vicepresidente do Radio Comunista de Lamas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foron buscalo de noite á súa casa os falanxistas e a Garda Civil. Fíxolles fronte producíndose un tiroteo; como non se entregaba ían prenderlle lume á casa; finalmente entregouse para salvar a súa muller, Beatriz Murias e a súa filla Esther. Detido, levárono ao cárcere de Xinzo de Limia. Foi paseado o 2 de agosto de 1936, o seu cadáver atopouse na costa de Allariz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 702. 
  2. El Correo de Galicia, 12-10-1906, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]