Saltar ao contido

Francisco Rodríguez Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Rodríguez Suárez
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Abelleira, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Muros, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9530

Francisco Horacio Rodríguez Suárez, coñecido como Paquiño, nado en Abelleira (Muros) o 24 de decembro de 1898 e finado no mesmo concello o 3 de xaneiro de 1996,[1] foi un mestre, empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro da socieade agraria Amigos Mutuos de Abelleira e Torea, foi un dos promotores da Federación Agraria do Partido de Muros creada en 1922.[2] Foi mestre de Torea dende 1925 e a partir de 1928 mestre de Serres. Fundou en 1934 a empresa construtora S Rodríguez dedicada ás obras marítimas.[3] Membro da Agrupación de Trabajadores y Agricultores de Serres e militante do PSOE. Participou como representante da sociedade La Potección Social Esteirana de Muros na asemblea para o Estatuto de Autonomía de Galicia de xuño de 1931.[4] Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Muros.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido.[5] Fuxiu e estivo agochado na súa casa ata que foi detido pola Garda Civil auxiliada polas milicias das Juventudes de Acción Popular, o 10 de xaneiro de 1937.[6] Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 12 de xuño por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso na Prisión da Coruña ata que saíu en liberdade vixiada en xullo de 1940. Depurado, foi separado definitivamente do servizo e baixa no posto.[7]

Ao saír do cárcere dedicouse á contrata de obras na súa empresa. Rehabilitado, foi mestre de Tal. Nas eleccións municipais de 1983 figurou como candidato número catro de Unidade Galega á alcaldía de Muros.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Juliana Fernández Mayo e foi pai de Lourdes, María, Ángel, Segundo e Francisco Rodríguez Fernández.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-1-1996, p. 73.
  2. Heraldo de Galicia, 25-6-1922, p. 6.
  3. La Voz de Galicia, 5-6-1993, p. 61.
  4. El Pueblo Gallego, 5-6-1931, p. 1.
  5. La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 2.
  6. El Correo Gallego, 16-1-1937, p. 4.
  7. BOP, 8-7-1940.
  8. La Voz de Galicia, Santiago, 30-3-1983, p. 26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]