Saltar ao contido

Francisco Marín Moya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Marín Moya
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 20826

Francisco Marín Moya, nado en Palma o 7 de decembro de 1893, foi un militar español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carabineiro. Tenente de Carabineiros, foi trasladado da Comandancia de Lugo á de Sevilla en abril de 1932.[1] En 1936 era capitán de Carabineiros de Noia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 opúxose ao golpe e organizou a evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa dende Muros cara a Bilbao. Combateu no exército republicano. Foi detido ao final da guerra. Xulgado na Coruña por rebelión militar, foi condenado á pena de morte, conmutada por cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Habilitada de Cieza da que saíu en xuño de 1943 en liberdade condicional.[2]

  1. La Voz de Galicia, 28-4-1932, p. 5.
  2. BOE, 23-7-1943, p. 7114.