Saltar ao contido

Francisco José Vidal-Pardo y Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco José Vidal-Pardo y Pardo
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata

Francisco José Vidal-Pardo y Pardo, nado en Madrid en 1973, é letrado permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas, comezou a traballar como avogado en Lugo con 23 anos, no bufete familiar. Ten tamén un mestrado en administración financeira e tributaria pola Universidade da Coruña. En 2004 aprobou unhas oposicións a letrado da Xunta de Galicia, e a partir dese momento traballou en distintos servizos xurídicos territoriais, ou do Sergas. En 2009 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería do Mar por Rosa Quintana, e cando esta asumiu tamén as competencias sobre o agro pasou a ser o secretario xeral técnico da Consellería de Medio Rural e Mar ata o 2 de agosto de 2013.