Javier Sánchez Cervela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francisco Javier Sánchez Cervela, nado en Oleiros (Silleda) o 28 de abril de 1860 e finado en Pontevedra o 5 de decembro de 1934[1], foi un mestre e matemático galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de matemáticas no instituto de Pontevedra durante 32 anos, e catedrático durante once anos do de Ourense. Colaborou entre 1888 e 1900 no Diario de Pontevedra.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Hortensia Cantón Alvarado e foi pai de Francisco Javier Sánchez Cantón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 6-12-1934, p. 10.
  2. Landín Tobío, Prudencio (1984) [1949]. De mi viejo carnet. Deputación de Pontevedra. Segunda edición.