Francisco Javier Elola
Nome orixinal | (es) Francisco Javier Elola y Díaz Varela |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de setembro de 1877 Monforte de Lemos, España |
Morte | 12 de maio de 1939 (61 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Deputado nas Cortes republicanas | |
1 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933 ← Sergio Andión Pérez (en) Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
10 de xullo de 1931 – 21 de xullo de 1931 – José Lladó Vallés → Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Colexio da Nosa Señora da Antiga |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | maxistrado, avogado, político |
Empregador | Tribunal Supremo de España |
Partido político | Partido Republicano Radical |
Francisco-Javier Elola Díaz-Varela, nado o 22 de setembro de 1877 en Monforte de Lemos e finado o 12 de maio de 1939 en Barcelona, foi un xuíz e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elola estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi pasante no despacho de Francesc Pi i Margall en Madrid en 1901. Aprobou as oposición á carreira fiscal e xudicial en 1905 exercendo en Galicia, Asturias, Cataluña e León, e o 4 de decembro de 1923, logo da proclamación da ditadura de Primo de Rivera, entrou como vocal na Xunta Organizadora do Poder Xudicial. En 1924 nomeárono xuíz do distrito de Chamberí e representou a España nos Congresos Penais Internacionais de París, Bruxelas (1926) e Budapest (1929).
Co cambio de réxime o goberno nomeouno Fiscal Xeral da República o 31 de maio de 1931 cesando o 31 de xullo ao entrar no Tribunal Supremo como novo maxistrado. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 accedeu ao Parlamento como deputado pola provincia de Lugo nas listas do Partido Republicano Radical, participando nas discusións sobre a organización do poder xudicial en España mesmo enfrontándose co seu partido o que levaría a abandonalo e a non presentarse ás eleccións de 1933, continuando como maxistrado do Tribunal Supremo. En plena guerra civil, o 26 de agosto de 1936 foi nomeado presidente da Sala Terceira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo de España, e o 16 de setembro xuíz especial instrutor da causa pola insurrección en todos os cuarteis e cantóns militares da capital de España, gardou as formalidades legais, admitíndolle ao xeneral Joaquín Fanjul Goñi as probas que presentara, razón pola cal foi apartado da instrución. O 27 de agosto de 1937 accedeu á presidencia da Xunta de Inspección dos Tribunais de Madrid e en outubro de 1937 trasladouse a Cataluña, onde en xuño de 1938 defendeu os funcionarios dos xulgados de Barcelona acusados de quintacolumnismo.
Cando as tropas republicanas abandonaron Cataluña en 1939, decidiu quedar ofrecéndose a colaborar co novo réxime, pero detido o 26 de febreiro procesárono pola morte do xeneral Fanjul e os mortos da prisión Modelo de Madrid do 23 de agosto de 1936. Condenado a morte executárono en Barcelona o 12 de maio de 1939.