Francisco García Suárez
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1957 Allariz |
| Morte | 31 de xaneiro de 2026 |
| 1 de setembro de 2000 – 15 de xuño de 2018 ← Anxo Quintana – María Cristina Cid Fernández → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Allariz |
| Ocupación | político |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Francisco García Suárez, nado en Allariz en 1957 e finado o 31 de xaneiro de 2026,[1] foi un político galego do BNG, alcalde de Allariz de 2000 a 2018.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Maxisterio, foi secretario-interventor do concello da Mezquita na década de 1980 e mais ao final da súa carreira profesional.
Elixido concelleiro de Allariz, ocupou unha concellería dende o ano 1990 e mais a tenza de alcaldía (1991-2000). Ata o 2003 foi secretario de organización da Executiva do BNG.[2][3].
Foi alcalde de Allariz polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) dende setembro do ano 2000, logo da dimisión de Anxo Quintana.[4] Revalidou a alcaldía de Allariz con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2003, 2007, 2011 e 2015. Foi vicepresidente segundo da FEGAMP dende 2003 ata 2015. En xuño de 2018 presentou a súa dimisión como alcalde de Allariz e foi substituído pola concelleira Cristina Cid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (31 de xaneiro de 2026). "Falece Paco García, ex alcalde de Allariz". Nós Diario. Consultado o 31 de xaneiro de 2026.
- ↑ Allariz, el bastión de los nacionalistas. www.elpais.com, 18/05/2007. (en castelán)
- ↑ Francisco García y Suárez Canal dejan la Ejecutiva del BNG. www.galiciadigital.com, 24/11/2003. (en castelán)
- ↑ ""Acta da sesión extraordinaria celebrada polo pleno da corporación o día 1 de setembro de 2000"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2006. Consultado o 02 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Anxo Quintana |
Alcalde de Allariz 2000 – 2018 |
Sucesor: Cristina Cid |
