Francisco García Alted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Francisco García Alted
Nacemento 1907
Falecemento 13 de febreiro de 1995
  Málaga
Nacionalidade España
Ocupación político e militar
editar datos en Wikidata ]

Francisco García Alted, nado en 1907 e finado en Málaga o 13 de febreiro de 1995[1], foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Academia de Infantería. En 1923 foi destinado ás forzas indíxenas de Marrocos até 1929, cando pasou á Garda civil. Militou en Falange Española de las JONS. A finais 1936 foi nomeado gobernador civil de Málaga, cesando en agosto de 1939. En setembro de 1939 pasou a ser gobernador civil de Pontevedra[2], cargo do que cesou en abril de 1940. Co grao de capitán, prestou servizos como voluntario na División Azul como Xefe da Policía Militar Española da División Española de Voluntarios. Despois fixo carreira no exército, retirándose como coronel en 1969. Ascendeu a Xeneral de Brigada Honorífico en 1983.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ascensión Ibancos Torres.

Notas[editar | editar a fonte]