Francisco Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Freire
Nacemento1717
 Miño
Falecemento1798
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Francisco Freire de Andrade e Camino, nado ao redor de 1717 en San Tomé de Bemantes (Miño), e falecido en Carmona (provincia de Sevilla) en 1798, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1738 ingresou como soldado no rexemento de cabalería de Alcántara e progresou profesionalmente sendo sucesivamente cabo, sarxento, alférez, tenente e capitán. En 1746, como cabo, participou co exército español na batalla de Piacenza. En 1766 estando acuartelado en Carmona casou cunha moza local coa que tivo catro fillos, dous homes e dúas mulleres. O maior dos varóns acabaría por ser o militar Manuel Freire xeneral nas Guerras da Independencia Española. Posteriormente ascendería a tenente e logo a capitán. Faleceu en 1798, e foi soterrado na bóveda da Irmandade de Jesús Nazareno de Carmona.