Francisco Filgueiras Gulías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Filgueiras Gulías
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
Castrelo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2005 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Forcarei, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Forcarei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Francisco Filgueiras Gulías, nado en Castrelo (Forcarei) cara a 1914 e finado no mesmo concello o 12 de xaneiro de 2005, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de mestre en 1935.[1] Afiliado a Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Forcarei en 1949.[2] Permaneceu no cargo ata 1974. Foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra e despois presidente da Unión de Cooperativas do Campo de Galicia. Promoveu a Asociación Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes, da que foi o seu primeiro presidente (1974-1996). Finou en Forcarei en xaneiro de 2005.[3]

Predecesor:
Antonio Villaverde Vieitez
 
Alcalde de Forcarei
 
1949 - 1974
Sucesor:
Manuel Brea Porto

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Insignia de ouro de Amigos da Terra de Montes, 1995.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Soledad Cendón Tomé.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 6-4-1935, p. 8.
  2. El Pueblo Gallego, 19-6-1949, p. 2.
  3. Forcarei despidió ayer a Filgueiras Gulías, alcalde en las últimas décadas del franquismo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]