Francisco Conde López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Conde»)
Francisco Conde López
Francisco Conde López

Actualmente no cargo
Dende o 2 de decembro de 2012
Presidente Alberto Núñez Feijóo
Precedido por Xavier Guerra

Datos persoais
Nacemento 1968
Monforte de Lemos, Lugo
Partido Partido Popular de Galicia
Profesión Economista

Francisco José Conde López, nado en Monforte de Lemos en 1968, é un economista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense. Profesor de Estrutura Económica na Universidade San Pablo CEU dende 1995. Foi director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman e secretario do Instituto de Estudos Europeos. Vicedecano da Facultade de Económicas da Universidade San Pablo CEU (2002-2004), director de Relacións Internacionais (2004-2005) e vicerreitor de Relacións Internacionais (2005-2009). En 2009 foi nomeado asesor do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. O 2 de decembro de 2012 foi nomeado conselleiro de Economía e Industria[1].


Predecesor:
Xavier Guerra
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Economía e Industria
 
2012 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]