Francisco Castro Alvaredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Castro Alvaredo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Rendar, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsOlalla Castro Alvaredo Editar o valor em Wikidata

Francisco Castro Alvaredo, máis coñecido como Paco Castro Alvaredo, nado o 7 de outubro de 1953 en Novelín (Rendar-O Incio), é un escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Rendar, na de Farbán, e na “Ciudad de los Muchachos” de Ourense, máis coñecida como “Benposta” (de 1968 a 1977). En 1977 marchou estudar maxisterio a Madrid onde formou parte da chamada Comuna de Madrid.[1]

Traballou no Colexio Rexional de Xordos e dende 1986 na Universidade de Santiago, xubilouse en 2019 como Auxiliar Técnico de Biblioteca. Foi representante sindical e claustral na USC.

Participou na fundación de Mono da Tinta en 1987. Ten colaborado en varias publicacións como Revista galega de educación, Encrucillada,[2] La Voz de Galicia con artigos sobre Benposta, e tamén en Praza Pública.[3]

Nunha presa de terra (2013), para Darío Xohán Cabana "é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá". [4]

De Benposta a Lamaboa (2021) é unha novela, recreación, ensaio, que constrúe un particular “Poema Pedagóxico” da experiencia benposteña e extrae as ideas e as referencias necesarias para construír o novo proxecto de Lamaboa.[5]

Familia[editar | editar a fonte]

É irmán de Olalla Castro Alvaredo.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Publicación colectiva[editar | editar a fonte]

  • Galego. Ciclo Medio (1987). Víaláctea Textos. Con David Pérez Iglesias e Marisa Gil Nieto

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Edicións Laiovento - Paco Castro Alvaredo". laiovento.gal. Consultado o 2021-09-26. 
  2. "Fuco Castro Alvaredo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-09-26. 
  3. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2021-09-26. 
  4. "Edicións Laiovento - NUNHA PRESA DE TERRA". laiovento.gal. Consultado o 2021-09-26. 
  5. "Edicións Laiovento - DE BENPOSTA A LAMABOA". laiovento.gal. Consultado o 2021-09-26. 
  6. Nicolás, Ramón (2014-06-09). ""Nunha presa de terra", de Paco Castro Alvaredo". Caderno da crítica. Consultado o 2021-09-26. 
  7. "El escritor de O Incio Paco Castro presentó su primera novela en el campus de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-06. Consultado o 2021-09-26.