Francisco Caridad Mateo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1907 Cambre, España |
Morte | 14 de setembro de 1996 (88 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | aparellador, militar, político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Familia | |
Pai | Rogelio Caridad Pita |
Irmáns | Xosé Caridad Mateo |
Francisco Javier Caridad Mateo, nado en Cambre o 16 de novembro de 1907 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1996, foi un aparellador, militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xeneral Rogelio Caridad Pita. Pasou a súa infancia e mocidade na Coruña. Afiliado ao Partido Comunista de España, impartiu unha conferencia na Casa do Pobo da Coruña sobre o Estatuto de Galicia en xuño de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe na Coruña. Fusilado o seu pai, Rogelio Caridad, incorporouse cos seus irmáns ao bando republicano. Foi ascendido a tenente en outubro de 1938.[2] Ao remate da guerra marchou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Despois exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do buque Mexique. Volveu clandestinamente a España enviado polo PCE, utilizando o nome Manuel Vidal García. En 1944 chegou a Galicia con José Gómez Gayoso, instalándose na Coruña. Foi detido pola Garda Civil en novembro de 1944 e trasladado a Madrid xunto con Alfonso Bengoa Ibabe e Práxedes Garcés de Mingo e condenado a prisión en 1945. O PCE acusouno de revelar información secreta nos interrogatorios e foi expulsado do partido. Estivo preso na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en 1956.[3] Nos anos sesenta era caixeiro da empresa PEBSA da Coruña.[4] Finou na Coruña o 14 de setembro de 1996.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- La Coruña, capital de Galicia, 1978.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Manzanero Salas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 27-6-1936, p. 2.
- ↑ Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 18-10-1938, p. 240.
- ↑ BOE, 26-5-1956, p. 3392.
- ↑ La Noche, 18-10-1967, p. 17.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-9-1996, p. 78.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha e Los de la sierra Arquivado 15 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (en francés)