Francisco Bastarreche
Francisco Bastarreche | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de agosto de 1882 |
Cádiz | |
Falecemento | 12 de maio de 1962 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | oficial e político |
Premios | Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, Gran Cruz de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas, Medalla de Ouro ó Merito no Traballo, Gran Cruz del Mérito Aeronáutico con distintivo blanco, Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo e Hijo Adoptivo de Cartagena |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Bastarreche Díaz de Bulnes, nado en Cádiz o 11 de agosto de 1882 e finado en Madrid o 12 de maio de 1962,[1] foi un militar e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do vicealmirante Félix Bastarreche Herrera. Ingresou na Escola Naval flotante en 1898, e participou como oficial nas campañas de Melilla e nas operacións de Mar Chica. Como capitán de corveta mandou o Torpedeiro número 2, e despois foi nomeado xefe do Polígono de Tiro de Ferrol. En 1931 era comandante do cruceiro Almirante Cervera e en 1935, sendo capitán de navío, foi nomeado director da Escola Naval Militar de Marín. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 adheriuse ao golpe e declarou o estado de guerra en Marín e coa colaboración da aviación foi un dos artífices da declaración do estado de guerra en Pontevedra. Foi nomeado comandante naval de Palma de Mallorca. Despois mandou o cruceiro Canarias e foi designado comandante xeral do Departamento Marítimo de Cádiz. Ao rematar a guerra pasou ao Ministerio de Mariña, e despois volveu á Escuadra, foi ascendido a almirante e nomeado capitán xeneral do Departamento de Cartaxena.
Foi conselleiro nacional de FET y de las JONS e procurador en Cortes, como capitán xeneral do Departamento de Cartaxena. Figurou como membro do Consello do Reino dende a súa creación. Colaborou no libro La guerra de Liberación Nacional, publicado pola Universidade de Zaragoza en 1961.
Homenaxes[editar | editar a fonte]
- Foi nomeado fillo adoptivo de Alhama de Murcia, colocaron un busto na súa honra e unha avenida da localidade levaba o seu nome. Estas distincións foron retiradas en 2017, en aplicación da lei de memoria histórica.
- En Cartaxena ten unha praza dedicada na que ten un busto.
- Unha rúa de Marín levaba o seu nome ata que pasou a ser denominada "Rúa da Ponte" en aplicación da lei de memoria histórica, nun proceso non exento de polémica local[2][3][4].
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Concepción Moreno Fernández e foi pai de Concepción, Blanca e María Asunción Bastarreche Moreno. Foi avó de José Yusty Bastarreche.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ "Propoñen chamar Barriada do Con á actual de Salvador Moreno", La Voz de Galicia, 27-12-2006.
- ↑ Gago, M. "La falta de consenso impide renovar el callejero de Marín por segunda vez", La Voz de Galicia, 2-4-2008.
- ↑ "La coalición marinense añade Jaime Janer a la lista de cambios en el callejero alegando duplicidad de nombre", La Voz de Galicia, 13-1-2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Francisco Bastarreche y Díez de Bulnes. Biografía na Real Academia de la Historia.
- Bastarreche y Díez de Bulnes, Francisco. Biografía en Historia naval de España.